Os novos socios da piscina municipal terán a matrícula gratis
O Complexo Deportivo Municipal de Arteixo comeza a nova tempada cunha campaña de captación de socios.
O obxectivo, baixo o lema "Vivir". é atraer novos usuarios facilitar as novas incricións ofrecendo unha proba gratuíta e, se se inscriben, a matrícula sen custo no abono “socio”.
Tamén se propoñen descontos enservizos complementarios e vantaxes para familias baixo a garantía de devolución do primeiro mes se non se está satisfeito co servizo.
A piscina continúa ademáis aumentando a súa oferta e para iso comzaron xa novas obras na zona de pádel que se sumarán á súa sala fitness, ás catro salas de actividades dirixidas, ás súas 3 piscinas climatizadas, á área infantil de xogos e ao spa.