Oseiro e Vilarrodís estarán sen auga para mellorar a rede
O Servizo Municipal de Augas acometerá esta semana unha serie de obras, nas zonas de Oseiro e Vilarrodís, co obxectivo de mellorar a rede de suministro.
Os traballos obrigarán a corta-lo sumisitro nas zona afectadas, Vilarrodís e Oseiro, dende as 23.30 h do mércores 20 de febreiro ata as 6.00 h do xoves 21 de febreiro, aproximadamente.
As obras, advirten dede o servizo municipal, podería provocar episodios de turbidez nalgunhas zonas de Arteixo.
A empresa de augas aconsella ós cidadáns da zona que vixíen que ningunha billa quede aberta para evitar posibles perdas innecesarias de auga así como incidencias nas instalacións interiores durante o restablecemento do servizo. Durante o corte tamén aconséllase non utilizar electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas.