Ir o contido principal

Pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, publica as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos para o ano 2018. (Orde do 20 de marzo de 2019, publicada no DOG do día 3/04/2019).

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas que teñan fillas ou fillos menores de 3 anos nacidos dende o 1-01-2016 o 31-12-2017 e que, durante o ano 2017, nin elas nin ningunha das persoas que compoñan a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a ese período, nin a presentase de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

TIPO DE AXUDA

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de 3 anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

  1. cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  2. cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  3. cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación das solicitudes será de trinta e cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día  do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Para máis información aquí