Pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos. Ano 2018
PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas que teñan fillas ou fillos menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2018 e que, durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñan a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a ese período, nin a presentase de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
TIPO DE AXUDA
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de 3 anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
- cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
- cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
- cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación das solicitudes será de trinta e cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.