Programa de axudas para o fomento do emprego feminino
Resolución do 19 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia (DOG núm. 127 de 04.07.2018).
Obxecto
Fomentar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres e medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral en Galicia, mediante as seguintes liñas de axuda:
- Liña Emprende, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais,
- Liña Innova, para a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade,
- Liña Activa, para a reactivación e consolidación de empresas,
- Liña ITEF, para iniciativas empresariais de carácter innovador,
- Concilia, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral,
- Dual, para a titorización de proxectos.
Beneficiarios
Empresas privadas formadas por mulleres, que inicien a súa actividade ou formalicen os seus plans Innova ou Activa entre o 01.09.2017 e 04.08.2018.
Prazo de solicitudes
Dende o 05.07.2018 ao 04.08.2018, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concelleria de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº981640572.