Ir o contido principal

Programa integrado de Emprego 2017-2018 (Arteixo Integra)

A Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, ao igual que nos anos anteriores, cofinanciarán xunto co Concello de Arteixo un Programa de Emprego para os anos 2017-2018. Ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combine accións de información, orientación, asesoramento, formación ocupacional específica, formación en novas tecnoloxías, técnicas de coaching, intelixencia emocional e motivación para a busca de emprego, prácticas profesionais, emprendemento, busca activa de emprego, prospección de empresas e intermediación laboral.

Este programa vai dirixido a 85 persoas desempregadas pertencentes aos seguintes colectivos:

  • 30 mulleres
  • 10 menores de 30 anos.
  • 5 desempregados/as maiores de 45 anos.
  • 40 persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda de inserción (RAI).

Durante o programa desenvolveranse as seguintes especialidades formativas ocupacionais, nas que obrigatoriamente se deben adscribir os alumnos: caixeiro/repoñedor/operario de almacén (2), atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (con certificado de profesionalidade), operacións básicas de cociña e restaurante bar, e monitor de tempo libre escolar. Así mesmo, durante todo o Plan, realizaranse accións de formación transversal, tales como, prevención de riscos laborais, marca persoal, emprego 2.0, manipulador de alimentos e pescado, prácticas laborais, fomento do emprendemento, orientación laboral e rede Eures.

O inicio do PIE está previsto para o vindeiro mes de xaneiro, e a preselección de candidatos realizarase dende a oficina de emprego, sendo a posterior selección definitiva por parte dos técnicos do Departamento de Promoción e Desenvolvemento do Concello de Arteixo.

Para máis información deben dirixirse a Concellaría de Promoción e Desenvolvemento, sita no Centro Arteixo Innovación (Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46). Tfº 981640572.

Arteixo Integra