Ir o contido principal

Sesión extraordinaria para mellorar Pastoriza e prolongar o paseo fluvial ata o Rañal

A corporación municipal celebra o próximo luns un pleno extraordinario no que, ademáis de aprobar a composición das mesas electorais, someteranse a votación dous expedientes de expropiación. 

O primeiro, en Pastoriza. Trátase de ampliar o cruce da Travesía de Pastoriza co paseo do Santuario co fin de mellorar o tránsito automobilístico e peonil na zona. Expropiaranse nove parcelas e a inversión prevista é de 139.082 euros. 

Tamén sométese a votación unha expropiaciíon para construir unha prolongación de 700 m do paseo fluvial á altura de O Rañal que conectará co paseo marítimo no aparcamento da praia de Sabón. O coste, neste caso, é de 48.000 euros. A actuación servirá para que os cidadáns disfruten dun paseo peonil ininterrompido de 10'2 km .