Ir o contido principal

Un drama laboral e a emigración na axenda de fin de semana

O drama laboral de Alfonso Zarauza, con Luis Tosar e Lola Dueñas nos papeles principais chega a Meicende para amosar a vida de Neneta, unha muller que vive desde fai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería e que tras ser abandonada pola súa parella, decide mudarse co seu fillo á súa terra natal, Ferrol, onde atopa traballo como peón de obra.

Podes vela o venres 16 de novembro en Meicende dentro da programación do Outono Cultural. É gratis, con invitación que podes recoller unha hora antes da proxección que comeza ás 20.00h. 

En Arteixo, ás 20.45 h, a cita é co teatro de "Elefante Elegante" que pon en escea a obra "Tropical", unha historia do irónico ao absurdo que  reflicte situacións que se están a producir non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade. 

Cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza, Tropical é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo. A venda de entradas (4 e 3 €) será o 16 de novembro en horario de 11:30-13:30 h e 2 h antes da función.