Ir o contido principal

Visitas guiadas para escolares no Auditorio do CSC de Meicende

Este mes de maio, dende o SM de Cultura do Concello de Arteixo, xorde unha nova iniciativa para dar a coñecer o Auditorio do CSC de Meicende ás nenas e nenos da zona, un espazo no que todos os meses hai diversas ofertas de ocio, como obras de teatro, musicais, concertos...etc.

Realizaranse unha serie de visitas guiadas para escolares polo Auditorio os días 9,10,14 e 16 de maio. Nesta ocasión as visitas guiadas estarán destinadas ás nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º do CEIP San Xosé Obreiro de Meicende, co obxectivo principal de que coñezan e contemplen este espazo próximo como un lugar de lecer para o seu tempo libre, sendo este sitio parte dunha oferta de ocio alternativo e saudable para a poboación de Meicende e de todo o Concello.

Estas visitas serán clausuradas no Auditorio o 31 de maio cunha actuación multidisplinar co nome de "Saaabor!", da compañía Culturactiva SCG , que abrangue diferentes disciplinas artísticas como o teatro, a maxia, a música e o clown. Preténdese que esta actuación sexa unha vivencia inesquecible para esta rapazada e fomentar a asistencia ao Auditorio do CSC de Meicende como unha opción real de ocio nas súas vidas.

Cultura activa

 

Documentos: