Ir o contido principal

Xunta e Concello impulsan un novo plan municipal de emprego

Nas instalacións encóntrase o Departamento de Promoción Económica, no que traballan actualmente dous Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local e tres Orientadoras Laborais. As aulas do Centro están homologadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para a impartición de certificados de profesionalidade nas áreas de: servizos a comunidade, administración e xestión e competencias clave.

Recentemente, clausurouse o Programa Integrado de Emprego “Arteixo-Integra 2018-2019”, no que os 100 alumnos se formaron en atención sociosanitaria a persoas dependentes, caixeiro, operario de almacén, restaurante-bar, monitor de tempo libre, comedor escolar e axudante de cociña, acadándose unha inserción laboral de preto do 60%. A Consellería cofinanciará unha nova edición do PIE “Arteixo-Integra”, no que nestes momentos se está a levar a cabo a selección das 100 persoas desempregadas. Tamén concedeu oito cursos AFD para o ano 2020. Así mesmo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora co Concello de Arteixo no servizo de orientación laboral e desenvolvemento local.