Skip to main content

Consumo

OMIC

Funcións

  • Atención directa, defensa e protección dos intereses dos consumidores e usuarios.
  • Informar, axudar e orientar ós consumidores e usuarios en materia de consumo, ben informando a poboación en xeral ou individualmente mediante consultas.
  • Recollida de reclamacións e denuncias, así como a remisión ós organismos competentes.
  • Asesoramento Xurídico.
  • Levar a cabo tarefas de educación e formación en materia de consumo.
  • Tardes de ludiconsumo

Consumidor: É a persoa física, (home ou muller); ou xurídica, (unha sociedade anónima, unha asociación profesional, etc.) que compra algunha cousa para o seu propio consumo, utilización, proveito ou gasto: explo (quen compra un litro de leite para bebelo, un libro para ler, unha vivenda para vivir nela, etc.).

Usuario: Persoa física ou xurídica que utiliza ou aproveita algún servicio, para ela mesma, para o seu propio uso, proveito ou gasto: explo (quen viaxa, come nun restaurante, utiliza o teléfono, limpa a roupa na tintorería, etc.).

Non son consumidores ou usuarios, aqueles que comprar calquera producto ou utilizan algún servicio, para producir outros bens ou productos, ou transformalos e despois vendelos a outras persoas, ou para volvelos vender sen modificalos. Explo: (o libreiro que merca libros ó editor para despois vendelos).

 

A OFICINA DE CONSUMO ATENDERÁ AO PÚBLICO A TRAVÉS DO CORREO:

consumo@arteixo.org

No documento adxunto poden descarregar o formulario para presentar reclamacións. 

Edificio de Arteixo Innovación

Avda. de Arsenio Iglesias

Polígono de Sabón, Parcela 46

981 659 115 – 981 600 009

 

Guías do Consumidor

Para ter máis información descargar a Guía do Consumidor responsábel

E para que os nenos tamén saiban que dereitos ten como consumidor descargar Na procura do OMICO "O Sabichón de consumo"