Skip to main content

Protección Civil

O Servizo de Protección Civil pertence á Área de Seguridade Cidadá do Concello de Arteixo e o seu obxecto é garantir a coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante os danos potenciais ou actuais en situacións de emerxencia. 

Servizos que presta

  • Prevención de situacións de emerxencia
  • Coordinación das actuacións, asesoramento técnico e xestión da Protección Civil no ámbito do Concello, en situacións de emerxencia.
  • Asistencia e seguimento das situacións de risco e emerxencia no ámbito municipal.
  • Formación técnica dos voluntarios de Protección Civil.
  • Formación e información á poboación en xeral.
  • Colaboración con outras administracións públicas ou entidades privadas relacionadas con Protección Civil e coa seguridade cidadá.
  • Colaboración no Plan de Emerxencia Municipal.

Os nosos compromisos

  • Dispoñer dun servizo de atención de emerxencias.
  • Atender as consultas presenciais e telefónicas
  • Responder a consultas realizadas a través de escritos presentados en Rexistro, por correo postal ou por correo electrónico, nun prazo máximo de 10 días hábiles desde a súa recepción.
  • Ante situacións de emerxencia, difundir á poboación as medidas de prevención e recomendacións a través do departamento de prensa municipal.