Skip to main content

30 aniversario do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

Murguia

 

O 13 de novembro de 2020 co gallo do 30 aniversario do certame de narracións breves Manuel Murguía e como primeiro acto instalouse unha escultura de Dores Polo e Benito Freire na entrada do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

 

Dirección Literaria

Alfredo Ferreiro Salgueiro foi nomeado director literario do Certame en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de     30 de setembro de 2015. Naceu en 1969 na Coruña, onde se licenciou con grao en Filoloxía Hispánica (subsección de español). É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Ten publicado varias obras literarias, tanto en libros individuais e como colectivos. Desde os anos 90 colabora como poeta, crítico e tradutor en revistas galegas, portuguesas e españolas.

Colaboración

O Certame conta ano tras ano coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e, desde 2017, coa da Asociación Galega da Crítica, tanto na selección dos xurados como na asesoría sobre cuestións técnico-literarias.