A semana santa para xogar ó rugby
Trátase dunha iniciativa do Club de Rugby Arquitectura Técnica en colaboración co Servizo Municipal de Deportes.
O obxectivo é a iniciación ao rugby, aproveitando as súas grandes virtudes educacionais; ademais da realización de xogos para mellorar as habilidades físicas dos nenos.
O horario do Campus é do lúns 10 de abril ata o mércores 12 de abril de 2017, de 10.00 a 14.00 e o prezo é de 20 euros.