Xornada adicada ó pilates
O servizo municipal de deportes promociona o pilates cunha xornada de iniciación e perfeccionamento que terá lugar o próximo 24 de febreiro no Pazo dos Deportes entre as 17 e as 19 h.
Os interesados poden apuntarse ata o 22 de febreiro próximo e teñen que facelo nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes persoalmente ou enviando un e-mail á dirección deportes@arteixo.org.
Trátase dunha actividade gratuita e con prazas limitadas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición aínda que teñen preferencia ás persoas empadroadas en Arteixo.
Para máis información podes chamar ó 679898326