Curso de socorrismo para os máis novos
A Concellería de Promoción Económica, Participación, Xuventude e Novas Técnoloxías organiza un curso de Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais co que se obterá o certificado de profesionalidade.
Trátase dun curso dirixido especialmente aos máis novos do municipio. Para participar hai que ter cumpridos os 16 anos e, como mínimo, ter o título da ESO ou Competencias Clave Nivel 2. Tamén é necesario posuir as habilidades e destrezas mínimas en natación.
Os interesados poden acodir a unha reunión informativa que se celebrará o próximo 25 de Novembro as 20:00 horas no Centro Arteixo Innovación, na Avda. Arsenio Iglesias.
Para máis información poden chamar ao teléfono 981659140