Programa EMEGA
Obxecto
Fomentar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres e medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral en Galicia, mediante as seguintes liñas de axuda:
-
- Liña Emprende, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
-
- Liña Innova, para a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade.
-
- Liña Activa, para a reactivación e consolidación de empresas.
-
- Liña ITEF, para iniciativas empresariais de carácter innovador.
-
- Concilia, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Beneficiarias
Empresas privadas formadas por mulleres, que inicien a súa actividade ou formalicen os seus plans Innova ou Activa entre o 01.08.2019 e 06.08.2020.
Prazo de solicitudes
Dende o 07.07.2020 ao 06.08.2020, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.