Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral da Xunta de Galicia
Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 19.07.2017, publicada no DOG núm.153 do 11.08.2017.
Obxecto e finalidade:
Favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, a través dos seguintes programas:
-
Programa I de incentivos á contratación indefinida inicial de persoas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego (TR349A).
-
Programa II de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social, xa sexan, iniciais, temporais ou transformación de contratos temporais en indefinidos (TR349D).
Ámbito temporal
Contratacións realizadas entre o 01.10.2016 e o 30.09.2017
Prazo de solicitudes
As contratacións realizadas entre o 01.10.2016 e o 11.08.2017, ata o 11.09.2017, as contratacións realizadas a partir do 12.08.2017, ata o 30.09.2017, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concelleria de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfno. núm. 981 640 572.