Sabón congrega ós futuros socorristas de élite
Arteixo é a sede, esta próxima fin de semana, do Campionato de España xuvenil e junior de salvamaneto e socorrismo.
A praia de Sabón acollerá un total de 377 socorristas para este evento, pertencentes a 38 clubes que proceden de 11 Comunidades Autónomas. Serán 189 rapaces e 188 rapazas de entre 14 e 18 anos.
Galicia é unha das autonomías con maior representación no campionato con un 18% dos competidores.
Esta disciplina deportiva do salvemento e socorrismo combina probas que se disputarán no areal, como as de sprint ou bandeiras e outras no mar, como as de nadar-surf, tabla, ski ou ocean.
As probas comezarán ás oito da mañá do Sábado coas rondas clasificatorias. As finais serán a mediodía e pola tarde.
A zona de estacionamento de Sabón estará parcialmente ocupada debido a presencia de vehículos e carros co material dos clubes participantes.