Ir o contido principal

Admisión de alumnos en infantil e primaria para o curso 2020-2021

A concellaría de Educación da a coñecer os prazos e requisitos do procedemento de admisión de alumnado nos centros públicos de Educación Infantil e Primaria para o curso 2020-2021

A convocatoria diríxese a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexen cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

O prazo de admisión está aberto ata o 20 de marzo próximo. 

A Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnadoque posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación

As solicitudes de admisión poderán presentarse de xeito telemático a partir do domingo día 1, mentres que de xeito presencial nos centros escolares desde o luns día 2, prazo que permanecerá aberto ata o 20 de marzo.