Ir o contido principal

Arteixo aposta pola agricultura ecolóxica

Arteixo conta con 8.333 hectáreas de suelo rústico. Esto supón o 22% do total da comarca de A Coruña. Son datos dun estudo elaborado pola empresa social Ad-ecos co apoio técnico de Tec Arquitectos e que forma parte do Plan de Emprego Verde ó que o Concello destina 525.000 euros procedentes dos fondos FEDER e que se desenvolverá nos próximos tres anos. O estudo desvela que no municipio, descontando o terreo adicado á explotación forestal e agrícola, e tendo en conta as 293 explotacións que existen actualmente, aínda restan 3.000 hectáreas por explotar. 

O plan que xa xerminou en xaneiro pasado en Monteagudo co desenvolvemento dun curso  ó que asisten catorce persoas, pretende  fomentar o traballo de autónomos e cooperativas que se dediquen profesionalmente a este tipo de agricultura.

O proxecto inclúe unha serie de accións formativas destinadas á obtención de rendas e á creación de actividade profesional en torno á agricultura ecolóxica así como a realización dun estudo detallado de onde se poden establecer este tipo de explotación. O plan contempla ademáis o apoio explícito ó establecemento, no Feirón semanal, de productores ecolóxicos que contarán con campañas de difusión para fomentar a demanda destes productos.