Arteixo asesora a inmigrantes e emigrantes retornados
Información sobre o concello, axuda para trámites relacionados coa estancia ou obtención da tarxeta sanitaria. O Departamento de Servizos Sociais organiza para o próximo 19 de decembro unha sesión informativa para inmigrantes e emigrantes retornados.
Trátase dunha actividade gratuita dirixida pola mediadora intercultural do Concello.
Será ás 10 da mañá no Edificio de Servizos Sociais. Para máis información pódese chamar ao 981659110.