Arteixo mantén o seu compromiso con ASPACE
A Concelleira de Servizos Sociais, Inés Ramos asinou onte a renovación do convenio de colaboración que mantén con ASPACE e que permite que a administración local financie o transporte de usuarios da asociación para que poida prestar servizos de calidade aos usuarios afectados de parálise cerebral con residencia no municipio de Arteixo.
Arteixo apoia así o traballo social que a entidade desenvolve no municipio.
ASPACE ten como obxectivo a mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral mediante a defensa dos seus dereitos, os servizos a entidades asociadas e a cooperación institucional. Tamén se ocupan da visibilidade das persoas con parálise mediante o impulso de proxectos e alianzas con distintas institucións e entidades privadas.