Ir o contido principal

Arteixo terá un servizo de mediación para evitar que os conflictos cheguen ao xulgado

A Concelleria de Servizos Sociais do concello de Arteixo pon en marcha os Programas de  Mediación e de Asesoría Xuridico social.

A mediación é una forma flexible  de resolución de conflictos,  que permite que as partes en disputa, unha solución previa o que houbera constituido un litixio. A mediación ofrece as partes unha oportunidade de gañar unha maior compresión  do seu conflicto,  e limitar o coste tanto en tempo como en cartos. A concelleira Inés Ramos sinala que o que se pretende é "implantar una forma eficaz de resolución de conflictos”.

Os interesados, cando non sexa posible a mediación, poderán infromarse   a través da asesoría xuridica que ten como obxectivo proporcionar asesoramento, orientación e información relacionada con trámites xuridicos,  procedementos legáis,  procesos de separación e divorcio,  acceso a xustiza gratuita,  arrendamientos,  filiacións e declaracións de incapacidades,dereito do estado das persoas,  ou recursos administrativos...

Para acceder a estes servizos haberá que solicitar cita previa ca traballadora social dos servizos sociais comunitarios quen,  tras a entrevista,  valorará a conveniencia ou non de derivar a consulta a este servicio,  a través de un protocolo onde se recoge a situación  de esa persoa e motivos da consulta. 

Os profesionais que prestan este sevizo acuden nuns días determinados ó mes o edificio de Servidos socias para atender as personas que sexan derivadas.