Axudas a prol da contratación e a formación das mulleres desempregadas
Beneficiarios/as
Persoas empregadoras e empresas que contraten a mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo de Galicia.
Tipos (compatibles)
1.- Bono de contratación indefinida inicial por conta allea de mulleres desempregadas realizadas entre o 01.01.2018 e o 30.09.2018.
2.- Bonos de formación, para que as beneficiarias da liña anterior melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
Prazo de solicitudes
Prazo xeral: ata o 30 de setembro de 2018. As contratacións subvencionables realizadas entre o 01.01.2018 e o 27.06.2018: ata o 27.08.2018. As contratación subvencionables realizadas a partir do 28.06.2018: dous meses desde a contratación.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concelleria de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº981640572.