Ir o contido principal

Barrañán e Chamín terán banda ancha antes de 2020

Chamín e Barrañán completan o proxecto para dotar de internet de alta velocidade a todas as poblacións de Arteixo.

O concello solicitou esta infraestructura á Xunta de Galicia que o levará a cabo a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) en colaboración co operador R Cable.

Actualmente esta tecnoloxía implántase nos núcleos de Suevos e Rañobre. Antes de que finalice este ano todas as poblacións do municipio disporán de banda ancha así como dos servizos por encima de 100 megas para os núcleos de máis de 500 habitantes.

Arteixo súmase deste xeito ao Plan de Banda Ancha 2020 que fixa inversións concretas para levar internet ao rural galego a través de tres itinerarios. Trátase de promover o acceso á banda ancha de alta velocidade para todos os galegos, garantizar un entorno favorable para axilizar a extensión de infraestructuras e favorecer a demanda destes servizos.