Ir o contido principal

A Comisión de Arteixo aproba a compra do Balneario para o converter nun centro socio cultural

Arteixo aproba en comisión a proposta do goberno municipal para a compra do Balneario, con fondos da Fundación Amancio Ortega, para o converter, próximamente, en un centro socio-cultural. Votaron a favor desta proposta, ademáis do PP, o PSOE e o concelleiro non adscrito mentres que o BNG abstívose. 

Unha vez o edificio sexa de titularidade municipal, realizarase un proxecto de reforma e adecuación dos seus espazos para o seu aproveitamento público. 

O Balneario consta dun conxunto de edificios do século XVIII e é un elemento fundamental da historia de Arteixo. A zona na que se ubica xa dispón de outro equipamento público como a residencia de maiores oy a escola infantil, tamén doados pola Fundación Amancio Ortega. 

O executivo quere que este emblemático edificio sexa un edificio público que ofreza servizos culturais e sociais a todos os cidadáns. Disporá de equipamento interxeneracional e o obxectivo é que redunde en beneficio de persoas de todas as idades.