Ir o contido principal

Corte de auga en Meicende e Borroa

O Servizo Municipal de Augas acometerá melloras na rede de suministro o que suporá cortes puntuais. 

O mércores 3 de xuño  os traballos acometeranse  en distintas zonas da rede o que provocará cortes ou falla de presión  en Meicende e Borroa . O corte será efectivo  dende as 10 h ata as 11 h aproximadamente. 

A empresa de augas aconsella ós cidadáns da zona que vixíen que ningunha billa quede aberta para evitar posibles perdas innecesarias de auga así como incidencias nas instalacións interiores durante o restablecemento do servizo. Durante o corte tamén aconséllase non utilizar electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas.