Ir o contido principal

Doces de Nadal para unha nova sesión de baile

O Centro Social de Meicende retoma este sábado 2 de decembro, as sesións dos bailes de adultos que organiza a Concellería de maiores, centros e actividades. 

A cita como ven sendo habitual de 17 a 20 h. coa particularidade de que, en tempo de Nadal, tamén se repartirán doces no descanso do baile. 

O Dúo Géminis é o encargado de amenizar esta velada.