Ir o contido principal

Educación comparte as súas experiencias coas novas tecnoloxías

EducaTic é un relatorio de experiencias de educación coas TIC que se desenvolven nos centros de ensino do termo municipal de Arteixo nos niveis de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional para que todos eles poidan dar a coñecer o seu traballo no ámbito das TIC.

Nestas xornadas, por un lado o profesorado presentará a súa forma de traballar pero por outro lado serviralle de formación, xa que vai coñecer de primeira man o traballo realizado polos demais centros educativos do termo municipal.

O medio ambiente, a robótica, a ciencia ou as culturas e linguas indíxenas son só algúns dos proxectos nos que alumnado e profesorado traballaron ao longo do curso e que se darán a coñecer durante os catro días que duran as xornadas.