Ir o contido principal

Educación edita unha guía con preguntas frecuentes para axudar aos beneficiarios das becas comedor

A Concellería de educación ven de editar unha guía con preguntas e respostas frecuentes co obxectivo de axudar aos beneficiarios das becas comedor que, tra-la moldificación das bases aprobadas de forma unánime no pleno da corporación, se entregarán de forma directa. 

O documento explica, por exemplo, qué sucede cos xustificantes do gasto. A modo de exemplo: contía concedida mensualmente de 95,00 €. A efectos de cálculo da contía máxima a xustificar deben terse en con os días lectivos de marzo e xuño e os meses de abril e maio completos. O gasto total máximo é o que teño que xusticar con independencia do momento quen que teña realizado a compra sempre e cando estea dentro das datas de imputación (do 16/03/2020 ata 19/06/2020).