Empadroamento

Normas e obtención do certificado
Padrón municipal
O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde consta a veciñanza dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. As certificacións que dos devanditos datos se expidan terán carácter de documento público e fidedigno para todos os efectos administrativos.
Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberase inscribir unicamente no que habite durante máis tempo ao ano.
- Na oficina do Rexistro Xeral Municipal, situada en Praza Ramón Dopico, 1 Arteixo todo tipo de trámites.
Presencial: Que se necesita?
Documentación xeral para a inscrición (SEMPRE A DOCUMENTACIÓN ORIXINAL).
-
Folla de inscrición do padrón: (Descargar documento)
- Documentación acreditativa da identidade:
Españois: DNI (obligatorio para maiores de 14 anos)
Extranxeiros:
- Cidadáns de Estados membros da Unión Europea, Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suiza: Certificado de RExistro de Ciudadano da Unión, na que consta o Número de Identidade de Extranxeiro (NIE), xunto con él documento acreditativo da identidade ou pasaporte expedido polas autoridades do seu país.
- Resto: Tarxeta de identidade de extranxeiro expedida polas autoridades españolas, na que consta o Número de Identidade de Extranxeiro (NIE) ou, no seu defecto, pasaporte expedido polas autoridades do seu país.
Menores de idade:
- Hasta os 14 anos: Libro de familia ou Certificación Literal de Nacemento.
- Maiores de 14 anos, os mesmos documentos esixidos polos maiores de idade e o Libro de familia ou Certificación Literal de Nacemento.
OS DOCUMENTOS DE IDENTIFICACIÓN DEBEN ESTAR EN VIGOR.
Menores non emancipados: Libro de familia ou Certificación literal de nacemento.
Empadroamento con un solo proxenitor:
-
Resolución xudicial que se pronuncie sobre a garda e custodia do menor e declaración responsable de estar en vigor e non existir outra posterior que modifique os seus termos. (Descargar documento)
- Se a garda e custodia é compartida, deberá aportarse o mutuo acordo de ambos proxenitores, acompañado cos dous documentos de identidade correspondentes.
- Se non existe resolución xudicial será necesaria unha autorización do outro proxenitor. No seu defecto, deberá aportarse declaración responsable xustificando a imposibilidade de dispor da firma do outro proxenitor. (Descargar documento)
- Incapacitados: Resolución xudicial que acredite a representación legal.
- xustificación da utilización da vivenda. (Obrigatoriedade de presentar documentación orixinal)
- Título de propiedade (Escritura completa, contrato de compraventa, Nota do Rexistro, ou recibo do Imposto sobre Bens Inmobles)
- Contrato vixente de arrendamento asinado en tódalas follas por arrendador e arrendatario da vivenda para o uso de residencia habitual acompañado do último recibo de aluguer.
- En caso de Autorización de persoa empadroada: Título acreditativo da posesión efectiva da vivenda (propiedade, aluguer…) a nome da mesma.
Se non pode xustificar con documentación a utilización da vivenda:
- En vivendas prestadas sen documentación que o acredite, o propietario deberá asinar a folla de padrón autorizándoo/a a empadroarse no devandito domicilio (páxina 2 do modelo SOLICITUDE DE ALTA NO PADRÓN DE HABITANTES).
- Presentar DNI ou documento de identificación orixinal; documento de xustificación da utilización da vivenda segundo o apartado de xustificación da utilización da vivenda.