As festas das flores tamén terán o seu Punto Violeta
O Centro de Información ás Mulleres ( CIM) do concello de Arteixo instalará coincidindo coa verbena dos días 24,25 e 26 de maio un Punto Violeta.
Trátase de sensibilizar á poboación, especialmente á xente nova presente neste tipo de eventos, respecto ás agresións sexuais no tempo de ocio nocturno, informar de recursos e acompañar a posibles vítimas.
Estará atendido por monitoras con formación especializada que repartirán materiais para difundir a mensaxe “Por unhas festas libres de agresións machistas” con folletos dirixidos a mozas e mozos e camisetas para as persoas que se acheguen a informarse nos seguintes horarios:
Venres de 21 horas a 3: 30 da madrugada
Sábado de 23 horas a 2: 30 da madrugada
Domingo de 20 a 23 horas.
O Punto Violeta contará cun espazo propio debidamente sinalizado dentro da carpa da verbena.
Reitérase así o compromiso do concello de Arteixo na loita contra a violencia de xénero nos espazos públicos e privados, recordando que as festas teñen que ser un momento de disfrute compartido e de relacións consentidas.