Ir o contido principal

Lañas mellorará o seu entorno coa ampliación da carretera e novas beirarrúas

O Concello finalizará este mes os trámites expropiatorios necesarios para a mellora do entorno do cruce da carretera AC552 coa CP506 en Lañas. 

O presuposto para as expropiacións necesarias para acometer o proxecto ascende a 29.000 euros mentres que a obra, que inclúe ampliación de vías e beirarrúas e  construcción dunha pequena praza, terá un prezo de licitación inicial de 263.000 euros. 

O obxectivo dos traballos é mellorar a seguridade, para coches e peóns, nesa zona así como humanizar o entorno que contará, na nova praza, , con mobiliario urbano e unha pantalla informativa digital.

O concello tamén acadou o terreo necesario para acometer este proxecto coa cesión da antiga caseta de peóns camineros. A administración local xa derrubara esta construcción, do ano 1950, hai tres meses debido ás ocupacións ilegais das que fora obxecto e o risco que tiña de se converter nunha fonte de conflictos sociais. 

 

Cruce de Lañas