Ir o contido principal

Larín celebra a Primeira Carreira popular de San Roque

Coa colaboración do servizo municipal de deportes, Larín acolle o sábado 8 de xuño a Primeira edición da Carreira Popular San Roque que organiza a comisión de festas. 

Os participantes sairán do campo da festa ás 18.00h, e realizarán un percorrido de 9,5 km. Paralelamente haberá unha andaina de 5 kms, que sairá ás 18.15h. Para recoller o dorsal e o chip o participante debe presentarse 50 minutos antes da saída da proba, o dorsal debe ser colocado nun lugar visible de tal maneira que poidan facilitar o a labor de control por parte da organización.O chip será entregado ao final da proba á organización.

carreira

O fútbol tamén protagoniza a fin de semana deportiva cunha novae edición do Torneo de Fútbol 8 en categorías benxamín e alevín. 

Organizado polo Atlético Arteixo, benxamíns xogarán nos campos de futbol natural e artificial, o sábado 8 de xuño, en horario de 10.00h a 18.30h. Participan un total de 15 equipos. Os alevíns serán 18 equipos e xogarán o domingo desde as 10.30h, e hasta as 19.45.

futbol