Ir o contido principal

Luis Davila e Carlos Blanco invitan ó "Menú da noite" no centro cívico de Arteixo

O debuxante Luís Davila e o actor Carlos Blanco unen os seus talentos nun divertido espectáculo no que todo pode pasar: unha viaxe a Broadway, bailar claqué, cociñar caldo,  ou debuxos en directo. Un ameno show no que comedia e ilustración fúndense e convértense nun todo acompañado da música de Budiño e Kepa Junquera.

Será o vindeiro venres 9 de febreiro ás 20:45 h no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

A obra irá dirixida ás persoas adultas, cun custo de entrada de 4 € para todo o público e de 3 € para aquelas persoas maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.