Ir o contido principal

Meicende abre unha nova tempada dos bailes de adultos

O Centro Sociocultural de Meicende abre o sábado 7 de outubro unha nova tempada dos bailes de adultos que organiza a Concellería de maiores, centros e actividades. 

A cita como ven sendo habitual será o primeiro sábado de cada mes e o horario, sempre no centro sociocultural de Meicende, é de 17 a 20 h. 

O Dúo Rosel é o encargado de amenizar esta primeira velada.