Ir o contido principal

Modificación das bases que regulan as becas comedor

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria e urxente de data 23/04/2020, aprobou unha modificación puntual das bases que regulan as axudas ao estudo da liña 1 (comedor) para que as familias beneficiarias das mesmas poidan recibir o pago directo das contías concedidas inicialmente.

O estado de alarma polo COVID-19 trae como consecuencia que se deban adaptar medidas de cara a beneficiar ás familias para evitar estados de vulnerabilidade.

Por todo isto, aprobouse a tramitación dun procedemento excepcional para dar unha resposta adecuada ás familias beneficiarias das axudas para comedor, evitando os prexuízos que se lles puidesen producir pola suspensión da actividade educativa e dos servizos educativos complementarios que determina o estado de alarma.

A disposición transitoria implica o seguinte:

  1. As familias recibirán como máximo a contía concedida inicialmente como axuda para comedor para cada descendente becado.
  2. As axudas económicas consistirán nunha compensación do custo diario do menú de cada estudante becado entendido como xantar (mediodía).
  3. Para o cobro da axuda teranse en conta os gastos acreditados entre o 16/03/2020 e o 19/06/2020 (data de final de curso).
  4. O dereito á axuda revocarase no momento en que se produza calquera modificación nas medidas excepcionais vixente (suspensión da situación, remate oficial do curso, ...).
  5. Para o pago da axuda deberase achegar xustificación do gasto. A contía abonarase nun pago único.
  6. Para xustificar os gastos, as familias achegarán facturas (cos requisitos legais) que conterán relación de productos adquiridos e contías desglosadas. Os tiquets de compra só se admitirán como documentos complementarios da factura.
  7. Para simplificar a xustificación, deberase achegar factura cos gastos realizados por períodos de tempo (15 días mínimo).
  8. As facturas deberán estar a nome da persoa beneficiaria da axuda (nai/pai/persoa titora).
  9. A xustificación realizarase no prazo que se habilita ao efecto. Si a situación excepcional actual non cambia, será nos 10 días naturais contados desde o seguinte ao remate do curso (data límite: 29  de xuño de 2020).
  10. Para a tramitación do ingreso da contía xustificada validada, presentarase a seguinte documentación nos rexistros municipais (presencial ou sede electrónica):
    • Modelo establecido ó efecto (estará dispoñible na web do concello – www.arteixo.org) na que consta a declaración responsable de cumprimento de condicións e de estar ao día nas obrigas tributarias coas administracións (comprobarase veracidade posteriormente)
    • Facturas orixinais e demáis documentación complementaria
    • Designación de conta bancaria (según modelo) da persoa beneficiaria acompañada de fotocopia de DNI ou documento acreditativo.
    • Si é o caso, certificados que acrediten intolerancias ou situacións especiais que requiran de productos de características especiais.
  1. Para validar a xustificación teranse en conta os productos e cantidades que consten nas facturas adaptados a idade de cada persoa estudante receptora da axuda. Os productos admitidos son os seguintes:
    • Carnes e derivados
    • Peixe e derivados.
    • Ovos e ovoproductos.
    • Leite e derivados.
    • Cereais.
    • Leguminosas.
    • Tubérculos e derivados.
    • Fariñas e derivados.
    • Hortalizas e verduras.
    • Froitas e derivados.
    • Bebidas saudables non carbonatas (non alcohólicas)
    • Conservas animais e vexetais
    • Outros non contidos na presente relación que teña características saúdables e adaptadas ás idades do alumnado becado.

 

 

Documentos: