Ir o contido principal

As motos "asaltan" Arteixo durante toda a fin de semana

Actividades para nenos, música en directo, discoteca móbil, comidas multitudinarias e moitas motos son os ingredientes principais da décimo segunda edición da Concentración Moteira Internacional que organiza o clube Mototurismo Coruña e que un ano máis se desenvolve en Arteixo. 

Será os días 15, 16 e 17 de xuño con un amplo programa de actividades para todas as idades e con protagonismo indiscutible para as dúas rodas. O programa contempla exhibicións de motos eléctricas, rutas turísticas en moto, carreiras infantís ou o seguemento, en pantallas xigantes, do Gran Premio de Catalunya de moto GP que tamén se dipsuta esta fin de semana. 

Mototurismo

Como novidade, este ano, acompaña ás actividades o Repsol Racing Tour que se situará na explanada da oficina de turismo e que repasa os case 50 anos de historia da compañía na competición do motor.