Ir o contido principal

Música e teatro pechan a "Primavera das artes"

O ciclo "Primavera das artes" chega este venres ao seu fin coas actuacións, en Meicende e Arteixo, de Manolo Couto e Casahamlet. 

O cantautor local, Manolo Couto, regresa a Meicende para presentar o seu disco "Galego andaluz" no que fúndense temas propios nos que se tocan asuntos de actualidade, con temas tradicionais de autores como Manolo Escobar. 

Será ás 20 h e con invitación que pódese recoller 1 h antes do concerto na conserxería do CSC de Meicende.

O teatro é en Arteixo ás 20.45h e da man de Casahamlet que representarán "Xente de Pálida pel" un texto que sae da análise de textos dramáticos de diversos autores nos que conflúen emocións e perfís que se repiten ao longo dos anos. Para asistir a función é preciso recoller a invitación 2 h antes na billeteira do CCC de Arteixo.