Ir o contido principal

Novembro trae de novo o teatro a Meicende e Arteixo

O venres 3 de Novembro os auditorios de Arteixo e Meicende retoman a súa actividade teatral. 

Arteixo acolle a partir das 20:45 h, a posta en escea de "Helena, xuízo a unha lurpia" da man do elenco de Teatro do Atlántico, dirixido por Xúlio Lago. 

A obra diríxese ó público adulto e conta a historia dunha modernizada Helena de Troia que, tras ser violada por Teseo, obrigada por Menelao e namorada de Paris, conta a súa versión dos feitos, sorprendéndonos cun relato apaixonado, intenso, cheo de tenrura, de humor, de berro e de dignidade.

O prezo da entrada é de 3 € para todo o público e de 2,25 € para aquelas persoas maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.

O centro sociocultural de Meicende, pola súa banda, acolle a partir das 20.00 h,  o espectáculo  "Pequeno cabaret infantil" no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette", transforman algúns contos populares dende un punto de vista moito máis cómico e actual.

A Compañía Nelson Quinteiro ven avalada por citas tan prestixiosas como o Festival Portamérica, Festival Interritmos, Festival Galego de Cabaré de Redondela, Feira do Vento de Lalín, Feira de Oficios de Cambados, Feira Modernista de Cartaxena, pequeno Circo de Nadal de Rianxo 2016, entre outros.

A diríxese ó público infantil, sen custo de entrada e con invitación a recoller no mesmo Centro Sociocultural.