Ir o contido principal

O Centro Cívico acolle unha nova edición do Festival de Panxoliñas

O Coro infantil da Escola Municipal de Música e os grupos de actividades sociais de pandereita e canto protagonizan o XVI Encontro de Panxoliñas do Concello de Arteixo que xa se converteu, por dereito propio, nun dos eventos tradicionais das datas navideñas no municipio. 

O encontro, o 22 de decembro próximo, comezará ás 19,30 h. 

Trátase dunha actividade que organiza a Concellería de Maiores, Centros e Actividades e a entrada é gratuita. As invitacións pódense recoller o mércores 20 de decembro no Centro de Maiores Baiuca, ata completar o aforo.