Ir o contido principal

O Certame Manuel Murguía da a coñecer os seus finalistas

"A casa das Castrouteiro", de Daniel Barral Calvo; "Crónica de ningures", de Francisco Rozados Rivas; e "A idade do escarnio", de Tito Pérez Pérez son os tres finalistas do XXVIII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía. 

A decisión definitiva do xurado, mposto por Charo Pita Villares, gañadora da 27ª edición;  Inmaculada Otero Varela,representante da Asociación Galega da Crítica;  Xabier López López, representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega; e Alfredo Ferreiro Salgueiro, coordinador literario con voz e sen voto, darase a coñecer o próximo 9 de maio, xoves, ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo, e contará coa actuación de Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín.

O Manuel Murguía aumenta este anos os seus premios en máis 1.300 euros. Serán 4.000 € para o gañador, 1.500 € para o segundo e 600 € para o terceiro, ademáis da publicación da obra nun volume colectivo.