Ir o contido principal

O CIM recibirá preto de 30.000 euros para a promoción da igualdade

Arteixo recibirá da Xunta de Galicia 28.063,60 euros, entre os anos 2019 e 2020, como apoio ao Centro de Información á Muller (CIM). 

A administración autonómica concede estas axudas para o desenvolvemento dos programas par o fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; como apoio aos centros de información ás mulleres e a sensibilización; e información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. En total, na provincia da Coruña a Secretaria Xeral da Igualdade destinará máis de 1,8M€ para as entidades locais de toda a provincia.

As concesións para o programa de apoio aos Centros de Información ás Mulleres chegarán a 5 CIM en A Coruña, Arteixo, Coirós, Culleredo e Curtis (que agrupan a 11 concellos) cun investimento de apoio ao seu funcionamento de máis de 186.000€, e para as accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres contarán cunha achega de máis de 70.000€, 12 entidades locais (A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Coirós, Culleredo, Curtis, Mesía, Sobrado e Vilasantar).