Ir o contido principal

O Concello advirte dos problemas que provocará o proxecto de Fomento para enlazar por autovía o Porto Exterior

Arteixo comunica ao Ministerio de Fomento os "graves trastornos humanos e económicos" que provocará a construcción dun novo enlace na Terceira Ronda á altura de POCOMACO e que está destinado a conectar esa vía co Porto Exterior. 

O Concello calcula o coste desa actuación en preto de 20 millóns de euros a maiores dos 40 que costa a propia autovía. Tamén cifra en oitenta vivendas e varias naves industriais o impacto do proxecto. 

O executivo local anuncia que defenderá a súa postura na Audiencia Nacional e insiste na alternativa de eliminar a peaxe de Pastoriza que, segundo os cálculos e tras unha negociación coa concesionaria da mesma, resultaría máis económico que a proposta actual do ministerio. Ademáis o Concello lembra que a eliminación da peaxe suporía conectar o tráfico portuario coa A-6 e, ademáis, favorecer o tránsito dos veciños de toda a comarca.

O documento, que se presentará diante da Audiencia Nacional nun prazo de quince días, foi elaborado por avogados e enxeñeiros contratados pola administración e conclúe que Fomento incumpliu varias leis e realizou un cálculo erróneo dos criterios técnicos que o llevaron a este estudio informativo no que se afirma que é mellor prolongar a autovía do Porto Exterior ata a Terceira Ronda, que eliminar a peaxe de Pastoriza tal e como defende o concello. 

pocomaco
Zona afectada polo proxecto do Ministerio de Fomento