A primeira quenda da liña 2 de axudas beneficia a preto de 200 autónomos
A Xunta de goberno local aprobou, o pasado 16 de xullo, a concesión da primeira quenda de axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal de Arteixo para paliar os efectos do COVID-19. Trátase da liña 2 de axuda aos autónomos que reduciran significativamente os seus ingresos por mor da declaración do Estado de Alarma.
Son 176 beneficiarios aos que o executivo concede axudas por un importe global de 292.300 euros
O importe concedido a cada un dos solicitantes oscila entre os 1000 e os 18000 euros e pódesde consultar a listaxe completa no documento adxunto