Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022
O vindeiro día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado) o formulario normalizado (EE550A) que se publica como Anexo I. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e 8 de febreiro de cada ano.
O formulario normalizado será facilitado nos correspondentes centros docentes e tamén estará disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da consellería competente en materia de educación.
O prazo de solicitude de admisión manténse do 1 ao 20 de marzo.
Os prazos para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula son os seguintes:
- Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
- Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo
- Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo
- Presentación de solicitudes de admisión: 1-20 de marzo
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión
- Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril
- Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio
- Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria: 20-30 de xuño
- Formalización da matrícula en ESO e Bacharelato: 25 xuño-10 xullo
- Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e Bacharelato: 1-10 setembro