Programa de natación escolar 2017/2018
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
- Preinscrición: todos os interesados poderán preinscribirse e reservar a súa praza na recepción da piscina municipal de Arteixo nos días que lles corresponda ao seu centro.
- Exposición e sorteo: no caso de que haxa mais demanda que prazas, ao día seguinte da finalización do prazo de inscrición realizarase un sorteo e a posterior exposición do listado de admitidos. A exposición do listado farase na páxina web do Concello e no taboleiro da piscina.
- Prazo matrícula: O importe da actividade é de 24€ abonados/socio e de 48€ eventuais (8 meses, dende Outubro ata Maio).
Esta actividade vai dirixida as nenas e nenos de primaria e desenvolverase 1 día á semana durante 45 minutos seguindo o calendario escolar.
DATAS PARA A PREINSCRIPCIÓN, SORTEO E MATRÍCULA PARA CADA CENTRO DÍA E HORA DA ACTIVIDADE:

Esta actividade desenvolverase 1 día á semana durante 45 minutos. Os horarios dispoñibles son:
CEIP PONTE DOS BROZOS E UNITARIAS:
- Mércores ou xoves as 16:00 para os nenos que veñen do colexio (un monitor recollerá aos nenos no comedor do CEIP Ponte dos Brozos, os país recóllenos na piscina) e para os que non usan transporte.
- Mércores as 16:45 nenos que veñen en autobús.
CEIP SAN XOSÉ OBREIRO DE MEICENDE:
- Venres as 16:45 con servizo de transporte.
CEIP GALÁN:
-
- Luns ou martes ás 16:45 con servizo de transporte.
CEIP ARTEIXO:
-
- Luns ou martes ás 16:00 nenos que veñen dende o colexio ou non usan transporte.
- Xoves ás 16:45 nenos que veñen en autobús.
Para mais información diríxanse á recepción da piscina municipal ou no teléfono 981 633444.