Ir o contido principal

Programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino en Galicia

Resolución do 24 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia (DOG núm. 127 de 05.07.2019).

Obxecto
 

Fomentar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres e medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral en Galicia, mediante as seguintes liñas de axuda:

  • Liña Emprende, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
  • Liña Innova, para a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade.
  • Liña Activa, para a reactivación e consolidación de empresas.
  • Liña ITEF, para iniciativas empresariais de carácter innovador.
  • Concilia, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Beneficiarios

Empresas privadas formadas por mulleres, que inicien a súa actividade ou formalicen os seus plans Innova ou Activa entre o 01.08.2018 e 05.08.2019.

Prazo de solicitudes

Dende o 06.07.2019 ao 05.08.2019, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Máis información en:

CENTRO ARTEIXO INNOVACION

Concelleria de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº981640572.

Ligazóns: