Programa a prol da contratación e formación das persoas mozas (Xunta de Galicia)
Beneficiarios/as
Persoas empregadoras e empresas que contraten a traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo de Galicia.
Tipos (compatibles)
1.- Liña de axudas para incentivar a contratación por conta allea de persoas desempregadas menores de 30 anos por un período mínimo de 12 meses, realizadas entre o 16.12.2017 e o 30.09.2018.
2.- Liña de axudas para accións formativas no centro de traballo para as persoas contratadas baixo a liña anterior, realizadas durante os tres primeiros meses desde o inicio do contrato.
Prazo de solicitudes
Prazo xeral: ata o 30 de setembro de 2018. As contratacións subvencionables realizadas entre o 16.12.2017 e o 13.04.2018: ata o 13.06.2018. As contratación subvencionables realizadas a partir do 14.04.2018: dous meses desde a contratación.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concelleria de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº981640572.